Sala do
Mar

Considerando a enorme vinculación histórica dos galegos co mar, era importante destacar o nexo de Ribeira co mesmo, a sua tradición mariñeira, unha cultura propia moi arraigada, chegando a ser na actualidade un dos principais portos pesqueiros de baixura de Europa

Remontándonos ao pasado, emerxeron importantes industrias de motores mariños que abasteceron a diferentes portos de toda España. A relevancia de ditas factorías, e render unha homenaxe a os seus fundadores é un dos propósitos desta sala.

Todas estas industrias mariñas tiveron unha importante misión na economía da zona, centos de veciños da comarca foron traballadores destas factorías. Este é o caso de “Talleres El Nervión”, empresa destacable do noso pasado recente, exemplo de traballo, innovación e desenvolvemento industrial cos seus motores HMR.

Unha lembranza especial para os irmáns Martínez Rodríguez que foron os creadores do HMR, un dos primeiros motores para barcos feitos en Galicia xunto con outros  motores mariños como o AYON de Noya, PAZO de Pontevedra ou LORES de o Grove son outros motores que están no Museo, e que foron tamén referencia no seu momento.

A dorna como embarcación tradicional, como modo de vida, cos seus aparellos de pesca, o seu proceso de construción, e como non, tamén unha lembranza a os comezos da Festa da Dorna e o seu percorrido ó longo dos anos.

Sen dúbida paga a pena achegarse ata aquí para poder aprecialo de preto.

Sala do fOGAR

Sala dos Oficios