O Museo está ubicado na planta baixa do Centro Recreativo e Cultural de Artes, na propia parroquia de Artes, no Concello de Ribeira, e preto do impresionante Parque Natural de Corrubedo.
Dende o ano 1998, o Museo Etnográfico de Artes continúa desenvolvendo tarefas de recompilación, conservación, inventario e xestión do Patrimonio Etnográfico, das que se ven ocupando dende a súa creación. Co tempo o Museo experimenta distintas transformacións que permitiron unha mellor estructuración do mesmo.
Na actualidade este é un punto de referencia na zona, un recoñecemento ós galegos como Pobo, onde o visitante pode aproximarse ó modo de vida e traballo da xente desta parte de Galicia.
Componse de tres salas, e en cada unha delas toparemos diferentes estilos.
Preferible cita previa no teléfono 981 87 30 52 ou a través do formulario de contacto habilitado na web. Domingos e luns o Museo permanecerá pechado.
ONDE O TEMPO SE DETÉN...
Un pasado que nos lembra o que fomos e mesmo o que pretendemos ser.
VISITA O MUSEO!
Desfruta da túa visita nun entorno natural privilexiado, a escasos minutos do Parque Natural de Corrubedo, de praias interminables (O Vilar, Ladeira, Praia de Balieiros, Faro de Corrubedo, etc.) e dunha oferta gastronómica amplia e variada.