Está presente un banco de carpinteiro con diferentes ferramentas para poder tallar madeira, un carro de vacas e diversas ferramentas de labranza para arar a terra e sementala para logo poder recoller os seus froitos.
Tamén unha fermosa máquina enlatadora de comenzos do século XX, ésta pertence a unha fábrica asentada en Castiñeiras dende o S. XIX, onde unha fotografía de finais do S. XIX de mulleres traballando nela, deixa constacia da labor desempeñada na mesma.
A emigración foi un fenómeno característico do século XIX e tivo un impacto destacado na poboación galega. Moitos labradores galegos partiron masivamente cara a América.
Por este motivo algúns deles aportaron moedas de diferentes lugares do mundo onde residiron.
Paco do Monte
A música sempre foi importante a través dos tempos, e, abarca tódalas sociedades e épocas ademáis de estar estreitamente unida á cultura, isto supón un valor na vida das xentes, habendo aquí un recanto destinado a ela, composto pola gaita do coñecido gaiteiro de Artes “Paco do Monte”, que foi un gran gaiteiro, músico autodidacta que amenizaba festas da comarca e mesmo fóra da bisbarra. Aquí permanece a súa gaita para enaltecer a súa memoria. Tamén hai un espazo para un antigo piano de máis de cen anos e outros instrumentos musicais.